Enrere

CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) - P5, 6è, 1r d'ESO, 2n d'ESO, 3r d'ESO

Sesión do 17 de xaneiro de 2018

Documental - Visionats: Fragments a classe - Plans d’exploració, localitzacions, planificació

Como en cada sesión, comezamos vendo os nosos planos, desta volta eran os planos que prometeramos gravar antes das vacacións de Nadal. Cada plano trataba un tema distinto,e démonos conta que os nosos pais, avós, irmáns, desenvolven día a día traballos profesionais como panadeiros, ferreiros, escultores, carniceiros, cousa que antes non nos pararamos a pensar, e realmente é impresionante.

Nos planos de Itziar, observamos como estudou as luces dende o mesmo lugar de gravación pero en distintas horas e con diferentes meteoroloxías. No plano montado de Vanessa percibimos a importancia da voz en off. Este plano fíxolle recordar a Marcos, o noso cineasta, un fragmento dun documental de Eloy Enciso, Arraianos.

Como ben sabedes, nos nosos pobos nestas datas neva. Non decimos moito, porque ultimamente non é o caso, pero era necesario gravar a neve xa que para nos é compañeira de todos os anos. Non todos temos ese privilexio e aínda que non caeu nas cantidades que queríamos, os planos resultantes foron ben fermosos.

Marcos falounos dun proxecto de fotografía en curso, e a través dunha web vimos o traballo do fotógrafo José Caruncho no Caurel. Eran fotos antigas e concretamente parámonos np retrato de José Carrete, un posible familiar dos nosos compañeiros Pablo e Sofía.

Logo ensinounos o material profesional que, nun futuro próximo, usaremos para gravar o noso documental. Primeiro aprendimos a usar o trípode, logo algúns funcionamentos da cámara como o balance de blancos, o zoom e o enfoque. Todos fixemos de sonidistas e pareceunos moi divertido, sempre e cando non nos berraran no micrófono cuberto polo zeppelin, cos cascos postos parecía entrar nun vacío no que só existían sonidos.

Ao final editamos algúns vídeos e elaboramos carteis coas capturas dos nosos planos ordenados en paisaxes, travellings e retratos. Tamén situamos os nosos pobos nun mapa. Rematamos a sesión e rematamos a sesión vendo un plano do documental Fuente Álamo onde se retrataba un home no seu tractor. Marcos deixounos o encargo de pensar paisaxes, persoas,.oficios, etc interesantes para gravar co equipo de gravación profesional.

Articles del taller: CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) - P5, 6è, 1r d'ESO, 2n d'ESO, 3r d'ESO (6)