Territorios

‘Cinema en curso’ púxose en marcha en Cataluña en 2005-2006 en sete centros educativos de contextos xeográficos e socioculturais diversos. A diversidade dos participantes e o intercambio a través do programa compartido de visionamentos e prácticas sempre foi un eixo estrutural do proxecto.

A ampliación dos territorios participantes en ’Cinema en curso’ supón un gran enriquecemento para o proxecto e para o intercambio entre o alumnado:
Cine en curso de Córdoba (Arxentina) desde 2013
Cine en curso en Madrid desde 2013-2014
Cinema en curso en Galicia desde 2013-2014
Cine en curso en Chile desde 2014
- Klasse(n) Filme en Alemaña (Brandenburg e Berlin) desde 2016

Ademáis, ‘Cinema en curso’ é o punto de partida de ‘Moving Cinema’, proxecto europeo liderado por A Bao A Qu e iniciado en 2014 co apoio de Europa Creativa na liña de MEDIA - Audience development. 'Cinema en curso' participa noutros proxectos europeos como ‘Le cinéma, cent ans de jeunesse’ (Cinémathèque française) e CinEd (liderado polo Institut français).