Voltar

CEIP A Rúa (Cangas) -

Un ano de creación. Making of de 'Entre redes'

Documental - Filme

Con este vídeo queremos resumir un ano de creación; un curso de cinema no que descubrimos máis sobre o mundo de nos arrodea, sobre a nosa vila, as súas xentes  e a observar todo isto con ollos de cineastas.
Comezando coa ventá da clase que nos mostra o mundo cada día, así foi o proceso que deu forma a 'Entre redes'. O manexo do equipo profesional, as primeiras ideas sobre a temática, a fase de documentación, os planos de cineastas e os filmados por nós, as xentes e lugares que xa non serán iguais para nós, a rodaxe, a montaxe, levantarse as cinco da mañá e un monte de experiencias que nos cambiaron a nós e a nosa maneira de mirar.

Artigos do obradoiro: CEIP A Rúa (Cangas) - (10)