IES de Poio (Poio) - 4º de ESO
Planos de exploración
Estes son algúns retratos e un dos planos que o alumnado de Poio levou a a cabo na xornada de traballo co cineasta Ángel e con Mónica do CGAI.
Son retratos dunha mariscadora ou dun grupo de mariscadores traballando, dun bateeiro.
Oficios que estamos investigando para o futuro documental.
No plano de Haodie escoitamos brevemente gaivotas ao comezo, e todo o tempo o vento, sons que nos parecen suxerentes e interesantes.
A luz ten tamén moita presenza, neste caso a luz dun mediodía soleado de decembro.