Atrás

CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción

Os catrocentos golpes en Cangas

Ficción - Visionados: Salas de cine y Festivales

Tra-lo visionado da película, comentámola os alumnos e alumnas de 5º e 6º e Ángel Santos, o director que nos acompaña neste proxecto. Estas foron algunhas das nosas impresións, reflexións e comentarios:

• É unha película de 1959. Nese momento era unha película moi moderna, diferente ás que se facían. Os planos da rúa non se facía antes. A meirande parte da xente da rúa que aparece nela non eran actores.

• Por que o título? Os 400 golpes refírense ás cousas que lle pasan na película. (Dani)

• É unha expresión francesa como a nosa: “Que che pasen as 1001”. Golpes: mascadas, reformatorio (denúnciao o pai), bérranlle, o pai desentendérase del, a nai rifalle, na escola ten problemas co profe (ás veces buscadas, outra non), acúsao o profe de copiar cando fixo a escrita de Balzac (rompe a relación coa escola)...

• No cole ó principio non sabes quen vai ser o protagonista. Iso dinos que podería haber moitas historias, moitos protagonistas.

• Chega un momento en que parece que a película é en color.

• Non hai diálogos importantes pero comprendemos todo.

• Cando está só: rouba cartos dos pais, prepara a mesa e métese na habitación da nai. Filmouno peiteándose en tres espellos. Métese na habitación da nai porque se aburre, porque é pillabán, porque busca ter conexión coa nai.

• Na cama, cando escoita ós seus pais, parécese a Yuki e Nina.

• Os pais cambian, primeiro o pai era bo e a nai mala, e logo viceversa. A nai cambia de actitude para que Antoine non conte que ten outra parella: facíalle chantaxe.

• A primeira fuga: rouba leite, lávase a cara coa auga da fonte que está conxelada, vai a unha feira...

• Poucas veces vémolo ledo: nas escaleiras, no coche cando veñen do cinema, cando está con René.

• É unha película autobiográfica. Truffaut ata os 8 anos non estivo cos seus pais. Escapábase de casa para ver cinema. Bazin acolleuno cando estaba no reformatorio.

• O pai adoptivo era máis ledo, trata de facer máis cousas con el.

• A casa era moi pequena, durmía a carón da cociña.

• O seu mellor amigo ten máis cartos, pero non era máis feliz. Á súa nai bebía, o seu pai apostaba, a casa era xigantesca, sucia, todo ciscado. Estaba moito tempo só.

• Escena de ximnasia pola rúa: os nenos van desaparecendo, moi gracioso.

• As caras dos nenos vendo os monicreques: impresionantes.

• O furgón policial: hai un coche detrás coa cámara e ás veces achégase e outras veces alónxase. Hai un momento en que a luz lle dá no rostro e vemos que chora.

• Travelling correndo antes do final, plano longuísimo, corremos con Antoine.

• O plano final é moi estraño. Conxélase mirando a cámara, normalmente queda mal, porque non parece a vida real se miras a cámara, miras ós espectadores. Ese final é moi bonito porque quería ver o mar.

• Por que remata así a película? Intriga (que vai pasar), introspección (momento íntimo, só, chega ó mar, faise maior)...

• Escenas especiais para nós: última (Brais P), altar a Balzac (Uriel), furgón (Nerea, Martín), cando van por un camiño co neno que se escapa (Paula), o neno que rompe o caderno (Marco), atracción (Esteban), cando lle pegou a mascada o pai (Xian), cando está na comisaría e encérrano só (Brais), cando rompe o xeo da fonte (Iris), interrogatorio do reformatorio (conta a súa vida, non está preparado, Truffaut quedouse só co protagonista)

• Posibles inspiracións para a nosa película: escena dos espellos, escoitando as discusións, escapándose de casa, cando está só na casa.

Visionados: fragmentos

François Truffaut
Les quatre cents coups Los cuatrocientos golpes 1959 [Fragmento]

Artículos del taller: CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción (25)