Atrás

CEIP A Rúa (Cangas) -

Presentámonos!

Documental - Nos presentamos

Ola! Somos os nenos e nenas de 6º de E.P. do CEIP A Rúa de Cangas do Morrazo, unha vila mariñeira situada na provincia de Pontevedra. Fixemos esta foto ao carón do río Saíñas, porque é un lugar especial para nós, xa que forma parte da contorna da nosa escola.

Estamos moi emocionados por formar parte deste proxecto porque na nosa escola levamos moitísimos anos participando... e por fin chegou o noso momento! Este ano vai ser especial, xa que compartimos o camiño coa escola de Torrelameu. Estamos seguros de que imos aprender moito xuntos!

De pé e de esquerda a dereita somos: Candela, Biel, Marcos, Gael, Ares, Manu, Daniel, Olivier, Casandra e agochados Xabi, Alonso, Iria, Joel, Nora, Breixo, Cloe, Aroa e Nora.

Artículos del taller: CEIP A Rúa (Cangas) - (53)