Presentámonos
Ola compañeiros e compañeiras de Cinema en Curso!
Somos os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP A Rúa, en Cangas. Estamos na Península do Morrazo, no suroeste da provincia de Pontevedra, en Galicia. O noso pobo é costeiro e ten moitas praias e espazos naturais. O noso colexio é pequeño e está nunha zona próxima a un río e a un bosque, moi pretiño da Praia de Rodeira. Na nosa clase somos 20, 10 nenos e 10 nenas.
Este é o décimo ano no que o noso colexio participa en Cinema en Curso. Algúns temos irmáns e irmás que xa foron alumnos e alumnas do proxecto e case todos fomos vendo as distintas películas que fixeron en anos anteriores. Tiñamos moitas ganas de chegar a 6º para poder facelo nós así que estamos moi ilusionados por comezar e por compartir con todos vós este proxecto tan bonito.
Ata pronto!