IES O Ribeiro (Ribadavia) - 1r de Batxillerat
Presentámonos desde Ribadavia!
Ola a todos!
Somos os alumnos de 1º de bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño do IES O Ribeiro, de Ribadavia (Ourense). Somos un grupo pequeno, formado por Ariadna, Rocío, Reinoa, Andrea e Dylan. Levámonos moi ben e facemos moi bo equipo.
A todos fainos moita ilusión participar nun proxecto tan grande e interesante coma este. O noso centro xa participou no ano da pandemia, coa que foi a primeira xeración do Bacharelato de Artes no centro.
Nesta ocasión, 6 anos despois, seremos nós os encargados de reiniciar e darlle un cambio a todo o centro. Connosco participarán tamén outras 14 alumnas e alumnos de bacharelato coas que compartimos optativas de música e de artes escénicas. Entre todas as materias de artes, faremos que todo o centro se contaxie da enerxía do Cinema en Curso.
Fainos moita ilusión compartir este proxecto convosco. Estamos desexando coñecervos e comezar esta viaxe na que aprenderemos cinema todos xuntos dun xeito divertido.
Unha aperta agarimosa!
