Enrere

CEIP de San Cosme (Barreiros) - 4t, 5è, 6è

Presentámonos

Documental - Ens presentem

Somos un grupo de estudiantes do CEIP San Cosme, un cole moi pequeno da Mariña Lucense. Este é o primeiro ano que participamos en Cinema en Curso. Na nosa aula estamos mesturados dous grupos: 5º e 6º e, para o proxecto contamos ademais cos 2 compañeiros de 4º.
Gústanos moito a natureza e facemos actividades para o seu coidado. Temos un horto e un invernadoiro. O noso espazo natural favorito do Concello de Barreiros é o Santo Estevo do Ermo. En San Cosme, temos ademais moitas praias fermosísimas de area fina e moi axeitadas para a práctica do surf. Desde fai 2 cursos pertencemos ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e este ano o noso Proxecto Documental Integrado leva por título: MAR NEGRO, MAR BRANCO. Estamos moi orgullosos da nosa biblioteca, que cada ano medra máis e nos permite facer múltiples actividades: lectura, investigación, radio, artes plásticas,...
Agardamos aprender moito con este programa. O traballo en equipo, a observación do medio e a creatividade axudarannos a completar a nosa formación académica.

Articles del taller: CEIP de San Cosme (Barreiros) - 4t, 5è, 6è (11)