Enrere

CEIP A Rúa (Cangas) -

Primeira sesión co cineasta

Experiències Cinema en curs - Plans del món

O pasado 14 de novembro tivemos a nosa primeira sesión co cineasta Eloy Domínguez. Pareceunos moi simpático e agradable.
Presentámonos, estivemos un ratiño falando sobre el e sobre Cinema en Curso. A continuación estivemos visionando os Planos do Mundo que fixemos o día 12 de novembro. Eloy deunos a súa opinión e dixo que os nosos planos estaban moi ben feitos. Todos os seus comentarios foron positivos e iso fíxonos sentir moi ben.
Despois fomos ao comedor para gravar en grupos, dende as distintas ventás. Eloy asignou unha función a cada membro do grupo: buscar o plano (que tiñamos que consensuar), facer o encadre, pedir silencio, dicir acción, gravar, facer a conta atrás, cortar, making of...
Para rematar a sesión, visionamos eses planos que fixemos no comedor e comentámolos.

Foi unha boa experiencia que esperamos repetir moi pronto.

Articles del taller: CEIP A Rúa (Cangas) - (6)