Comezamos!
Os alumnos de sexto do curso pasado fálannos do Proxecto Cinema en curso.
Para coñecelo de man dos protagonistas, tres alumnos/as do curso pasado viñeron ó colexio a contarnos a súa experiencia: Elia, Mónica e Adrián. Faláronnos de todo o proceso de creación do documental "Deixando atrás", a partires das maletas de cartón do seu muro do cine. Tamén nos comentaron que foi para eles participar neste proxecto: ilusión, emoción, traballo en equipo, esforzo, aprender a non ter medo a falar en público, aprender moito de cine, crear unha película... Unha experiencia inesquecible!!
Viisionamos o making of das tres películas feitas no cole. A partires dos mesmos, sinalamos que aspectos cremos que poden ser máis significativos do traballo de Cinema en curso.