Instantáneas en Cangas
Porfín estreamos a cámara! Que ganas tiñamos de facer as nosas panorámicas! Saímos ao monte que hai o lado do colexio porque pensamos que sería bonito para facer a foto grupal, pero o noso primeiro intento non saiu como pensabamos, a cámara precisaba máis luz e saiu oscura, decidimos esperar e probar o día seguinte nun novo lugar con máis iluminación. Tras este intento, un dos grupos foi a facer a nosas panorámicas a unha ponte próxima ao centro e quedaron fenomenal!