Enviado por el 18 Novembro 2015
Grazas por enviarnos este precioso plano. Sentímonos moi contentos de recibir este agasallo de cine. 
O voso ceo ten unha forma redondeada  que nos gusta moito. 
Sarai, a nosa compañeira, fixo un plano dende a súa terraza cun encadre parecido. 
Chámanos a atención o efecto óptico dos raios do sol.
O off recordounos ó noso plano da ventá co que nos presentamos. Unha dúbida:  
O son foi gravado en directo ou montado despois, coma nós?
Estamos a piques de rematar a nosa correspondencia e imos enviala  axiña. 
      