O programa
‘Cinema en curso’ é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en escolas e institutos.
Iniciado en 2005 en Cataluña, actualmente tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Argentina, Chile e Alemaña.
‘Cinema en curso’ ten dous grandes obxectivos:
- Propiciar o descubrimento por parte de nenos e mozos do cinema entendido como arte, creación e cultura.
- Desenvolver as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica no contexto educativo.
O programa articúlase a partir de catro eixos principais:
- A presenza regular e continuada de cineastas nos centros educativos impartindo obradoiros xunto aos mestres e profesores, dentro do horario lectivo.
- A articulación do descubrimento da arte cinematográfica a partir dunha metodoloxía que vincula estreitamente a práctica creativa co visionamento de películas.
- A formación dos mestres e profesores.
- A construción do proxecto como laboratorio de investigación aplicada: espazo de experimentación e reflexión. A partir da análise das experiencias dos obradorios, o equipo de cineastas e docentes xera propostas, materiais e metodoloxías extensibles a contextos educativos diversos.