Voltar

CEIP A Rúa (Cangas) -

Continuamos explorando e documentándonos

Documental - Documentación e investigación (documental)

A semana pasada tivemos xornadas cheas de documentacións e exploracións!
O mércores viñeron ao colexio Xabier Blanco e Martina, da Fundación Legar. Unha visita moi interesante na que nos amosaron a impresionante colección de instrumentos de música de raíz en relación coa contorna natural e seus recursos. Fixeron un percorrido pola historia da nosa música, dende os instrumentos primixenios ata os instrumentos comúns de hoxe.

Ademáis de maneira autónoma e por grupiños continuamos documentándonos fora da escola! Da man de Alejandro documentamos un furancho próximo e varios compañeiros coñeceron o funcionamento do muiño.

Artigos do obradoiro: CEIP A Rúa (Cangas) - (53)