CPI O Cruce (Cerceda) - 1º de ESO, 2º de ESO
Día dos planos do mundo desde CPI O Cruce
Celebramos o Día dos planos do mundo! Compartimos as capturas dos planos que filmamos o 10 de novembro en CPI O Cruce en Cerceda.
En Gran día (e noite) dos Planos do mundo! Podedes ver as capturas dos máis de mil trescentos planos filmados en cento setenta lugares de Galicia, Cataluña, Euskadi, Madrid, Valencia, Brandenburg, Eslovenia, Serbia, Lituania, México, Chile e tamén en Bélxica, Francia e Estados Unidos. E a lista de Vilas, cidades e campos do Día dos Planos do mundo.
O Burgo, Carballo, Cerceda, A Coruña, Laracha, Ordes, Oroso, O Piñeiro, Porto de Santa Cruz, Rodís, Santiago de Compostela, A Silva, Vilarbello, Xende.