CEIP do Camiño inglés (Sigüeiro-Oroso) - 5º
Diario de espazos colectivos
O venres 11 de novembro nunha mañá soleada tivemos a primeira sesión de traballo con Miguel, o cineasta, no CEIPP do Camiño Inglés. Dividímonos en catro grupos formados segundo a cor do caderno.
Grupo vermello: Sara, Eneritz, Manolo, Álex F., Icía e Antonio.
Grupo marrón: María, Álex V., Carla, Aarón, Clara e Iván O.
Grupo verde: Erika, Claudia, Irene, Alan, Leire, Sergio e Alberto.
Grupo gris: Alba, Laura, Iván G., Brais, Álvaro e Inma.
Por quendas fomos gravando os nosos planos. Quedáronnos moi ben.