Voltar

IES O Mosteirón (Sada) - 4º de ESO

Presentación e 1ª sesión co cineasta

Documental - Presentámonos

A nosa primeira sesión co cineasta

Ola , somos alumnas e alumnos de 4º de ESO  do IES O Mosteirón, en Sada, na provincia da Coruña. Acabamos de iniciar a nosa participación neste programa de cinema en curso.

O pasado día 4 de febreiro tivemos a primeira sesión dirixida polo cineasta Marcos Flórez, na que fixemos visualizacións de varios  documentais, reflexionando sobre eles. Tamén se nos ensinou a controlar unha cámara e  comezamos a  planificar a estrutura  da curtametraxe que imos realizar. O noso proxecto céntrase nun poeta galego chamado Manuel María, procedente da Terra Chá na provincia de Lugo, por iso temos pensado desprazarnos alí para facer as gravacións, xa que os espazos e paisaxes deste lugar son emblemáticos na obra do escritor.

Estas son algunhas das nosas opinións despois de rematar a 1ª sesión:

Omar:  “Gustoume moito o obradoiro do outro día e estou ansioso por comezar a filmar a nosa curta”.
Gonzalo: “A min interesoume moito o funcionamento da cámara e gustaríame moito poñer en práctica o aprendido”.
Daniel: "Gustoume moito ver cine alternativo, que normalmente non se atopa en salas comerciais”.

Artigos do obradoiro: IES O Mosteirón (Sada) - 4º de ESO (1)