CEIP de Tenorio (Cotobade) - 5º, 6º
Primeira sesión cunha cámara de 16mm
A semana pasada tivemos a nosa primeira sesión do obradoiro de cinema experimental co cineasta Ángel Santos que ensinounos a cámara coa que faremos a nosa película: unha bólex de 16 mm!!!
Inspirados no visionamento de dous fragmentos de Piavoli, saímos a filmar nos arredores do colexio, preto do río. Moi emocionante todo o proceso! Filmar o noso primeiro plano en 16 mm, recoller sons cunha gravadora... Unha experiencia única!! Xa con moitas ganas de continuar filmando!!
Visionados: fragmentos
Franco Piavoli