IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño) - 4º de ESO
SONS NO CAMIÑO , presentación no Carballiño
17 de xuño. Unha semana despois da súa presentación no CGAI da Coruña, a nosa curta "Sons no Camiño" preséntase no Auditorio do Carballiño ante unha grande expectación . Alí acudiron os protagonistas, tanto os que aparecen na curta coma os que a fixeron posible, así coma profesores do noso centro, familias dos alumnos e alumnas participantes e tódolos veciños e veciñas que quixeron compartir con eles tan emocionante momento. Moitas grazas!