Desculpade que tardásemos en contestar, pero houbo un problema na web e borráronse os nosos comentarios. Gústanos moito o voso plano e vemos que vos esforzastes moito. Coma nós, fixestes varias tomas para conseguir o que queriades. É o que ten rodar con intención! Pensamos que o voso plano e o noso parécense: no encadre, no contraste de luz... pero tamén son diferentes. No voso hai persoas, no noso non. No voso hai movemento, no noso moi pouco. O voso ten máis profundidade. O voso off corresponde co plano rodado, o noso foi montado despois. Unha bonita presentación. Grazas por compartila.