Submitted by 19 December 2024
onOla amigos e amigas de Cinema en curso!!!
Somos os nenos e nenas do CEIP A Rúa de Cangas.
Queremos ensinarvos o noso planisferio que fixemos con algunhas capturas dos planos dos diferentes países que participaron no día dos planos do mundo.
En cada país, puxemos a súa bandeira e algún plano dese lugar, cada un deles ten un fío que os leva ata o lugar xeográfico onde se atopa.
Gustounos moito que máis de mil persoas fixeran planos da súa contorna o mesmo día.
Agardamos que vos guste o noso planisferio ! :D