IES Manuel Murguía (Arteixo) - 12-13 years old
Seguimos filmando
Documentary - Viewings: Fragments in the classroom - Views of the world
Presentámosvos dous lugares diferentes. Por unha banda, filmamos o entorno da Torre de Hércules, onde podemos destacar as diferentes cores que nos mostra a vexetación da zona nesta época do ano, todo envolto polo azul do ceo e do mar. Pola outra banda, presentamos un plano completamente diferente, filmado en diferentes lugares de Arteixo. Neles podemos ver lugares de recreo que utiliza a xente para pasear e disfrutar do tempo de ocio.