Back

CEIP A Rúa (Cangas) - 11-12 years old

Correspondencia para Bordils

Cinema en curs Experiences - Exchange - Filming the trees

20 de febreiro de 2020, Capela de San Roque

Queridos compañeiros e compañeiras cineastas:

Somos os nenos e nenas de 6º de primaria do Ceip A Rúa.

Enviámosvos esta carta para amosarvos unha das árbores máis especiais de Cangas.

Madrugamos para poder ensinarvos a nosa terra ao amencer. Tiñamos soño e facía tanto frío que nos doían as mans e os pés, pero en canto empezamos a filmar sentimos tanta ledicia e emoción que se nos esqueceu todo.

Ao principio o día estaba nubrado pero de súpeto algo inesperado aconteceu: unha luz moi brillante, cegadora, inundou toda a escena e desatou a nosa imaxinación. Ese contraste tan forte fíxonos pensar nun cadro e inspirou nos para a nosa montaxe.

Con estes planos queriamos animarvos a filmar as vosas imaxes e compartilas connosco.

Agardamos con ilusión a vosa carta.

Fins aviat!

Viewings: Movie clips

Volker Koepp
Das weite Feld El camp ampli 1976 [Clip]
Eloy Enciso
Arraianos 2012 [Clip]
Abderrahmane Sissako
La vie sur terre, Life on Earth 1998 [Clip]
James Benning
Sogobi 2002 [Clip]

Workshop diary: CEIP A Rúa (Cangas) - 11-12 years old (6)