IES O Ribeiro (Ribadavia) - 16-17 years old
Encontros e luces
Seguimos facendo cinema no confinamento. Ao longo destas semanas fotografamos e filmamos moitos planos desde as nosas xanelas.
A semana pasada tivemos unha sesión Cinema en curso co noso cineasta Marcos Flórez e estamos a preparar unha peza sobre a evolución da luz desde as nosas xanelas na comarca do Ribeiro.
En breve a compartiremos.