CEIP A Reigosa (Ponte Caldelas) - 11-12 years old
Presentámonos
Clase de aluCINE de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe A Reigosa.
Ola a todo o mundo, somos o grupo de sexto dun cole do concello de Ponte Caldelas ao que nos encanta aprender.
Este ano é o noso derradeiro curso no cole, e non poderíamos despedirnos de mellor forma que deixando unha pegada moi especial, a nosa propia visión da nosa contorna, o noso xeito de mirar, unha nova maneira de ollar o mundo que nos arrodea…
Estamos moi felices de participar nun proxecto que nos vai amosar o fermoso que é saber mirar, cos ollos de que mira por primeira vez, coa ilusión de quen comeza de novo a aprender.