Back

CEIP A Rúa (Cangas) - Pequeno Cinema en curso

Visionamos "Na memoria do muiño"

Little Cinema en curs - Reflections, evaluations, words of film

Somos o grupo de 1º de primaria de Pequeno Cinema en Curso en Cangas!
Fixemos un visionado moi interesante da película dos nosos compañeiros de 6º de primaria do curso pasado, "Na memoria do muiño". Encantounos!
Tamén visionamos de novo un fragmento cos ollos pechados, prestando moita atención aos sons da película: o muiño de Fausto, as cancións, a música, a auga do río, os cantos dos paxaros...
Despois trasladamos as nosas impresións e palabras á pizarra común e aos nosos cadernos.

Workshop diary: CEIP A Rúa (Cangas) - Pequeno Cinema en curso (13)