IES O Mosteirón (Sada) - 4º de ESO
Fotografías instantáneas en Sada
Traemos ao diario dos obradorios as imaxes que realizamos cunha cámara de fotos que nos namorou nada máis vela, os dípticos que vos mostramos a continuación, son instantáneas case todas de Mosteirón. A cámara non só capturou para nós un espazo que nos gustou ou nos pareceu fermoso, senón que nos revelou paisaxes de nosa contorna que nunca nos pararamos a mirar.
A primeira fotografía é inesquecible. Todos ao redor como pasmados desde que a foto asoma pola rendixa da cámara ata que lentamente comeza a desvelarnos formas e cores capturadas nesa superficie brillante. Vaia momento!
Logo, é verdade que o que aparecía no papel cambiaba moito, os contrastes eran grandes, máis escuridade, ceos máis intensos.Pero eses cadradiños, teñen maxia. Atrápannos e murmuran algo que non é fácil de explicar. Foi unha experiencia única que gozamos moito.

Esperamos que vos gusten!.