IES O Mosteirón (Sada) - 4º de ESO
Instantáneas en O Mosteirón
A pasada semana fotografamos coa cámara instantánea nos arredores do noso colexio. Unha experiencia moi emocionante!
Os días que saímos do centro para facelas, presentáronse moi soleados, cun ceo dun azul pouco habitual por aquí nestas datas pero moi fermoso. Para atopar os lugares que podedes ver nelas, exploramos a nosa contorna descubrindo rincónss e rueiros que moitos de nós nin coñecíamos. Aínda que quedamos cansos abondo, disfrutamos un montón das xornadas.