Voltar

IES de Fene (Fene) -

Presentación IES de Fene

Documental - Presentámonos

Somos 18 rapaces do IES de Fene, centro que se atopa nun lugar histórico, pois no espazo no que agora estudamos, noutro tempo había un pazo. Estamos en 2º de ciclo de FPB, e pertencemos a dúas familias profesionais: fabricación e montaxe e mantemento de vehículos.

O noso centro está situado na comarca de Ferrolterra, na provincia de A Coruña. Somos aproximadamente uns 500 alumnos en todo o centro, entre ESO, Bacharelato e o resto dos Ciclos Medios. Dado que se imparten moitas etapas educativas, hai alumnos e alumnas de toda a comarca de Ferrolterra e das aforas.

Un dos nosos privileixos é que temos o mar preto, por iso contamos con moitas praias que son, incluso, referente a nivel mundial para os surfistas; quen non coñece o "Pantín Classic"?. Temos un clima húmido e chove abondo ao longo do ano, pero contamos con temperaturas suaves.

A nosa zona é coñecida polos asteleiros, que son uns dos máis importantes de España e incluso de Europa, e pola historia militar naval, xa que a Marina residía en Ferrol. A nivel deportivo somos coñecidos polo Racing de Ferrol.

Non podemos esquecer que xusto arredor do centro pasa unha das etapas do Camiño de Santiago.

Así somos nós e a nosa contorna e queremos compartir todo isto e moito máis con todos vós, porque estamos encantados de poder participar neste proxecto.

Un saúdo a tod@s!!!

 

Artigos do obradoiro: IES de Fene (Fene) - (7)