Presentación IES de Fene
Somos un grupo de once alumnos. Todos vivimos na comarca de Ferrolterra, un lugar de costa no noroeste de Galicia. As nosas idades rondan entre os 16 e os 18 anos e estamos a cursar FP Básica de Automoción e Fabricación e Montaxe.
As nosas aficións pasan por diferentes temas, dende o ciclismo ou os deportes de contacto, ata o automobilismo.
Certo é que estudar non é unha das nosas aficións favoritas, pero, non queda outra, pois a todos nos guistaría traballar no mundo da mecánica e para iso debemos ter unha boa formación. tra
Con respecto ao cine, a todos nos atrae o xénero da acción e este curso seguro que acadamos unha boa introdución aos segredos do séptimo arte.