Proxección en Filmoteca de Galicia / Salón Teatro, 18 de xuño
O 18 de xuño celebramos en Filmoteca de Galicia / Salón Teatro de Santiago de Compostela a estrea das películas Cinema en curso 2020-21!
Catro grupos de nenos, nenas, mozos e mozas presentaron as súas películas e dialogaron con outros participantes, asistentes e convidados. Os diálogos foron xenerosos e xurdiron interesantes reflexións sobre os procesos da película: a concepción do filme, a rodaxe, a montaxe, as dificultades engadidas do ano 2020… e tamén emocionantes comentarios sobre as aprendizaxes e a importancia de compartir os procesos cos compañeiros. A importancia de compartir o cinema!
As películas estreadas foron:
O Mosteirón. Voces do tempo (IES O Mosteirón, Sada)
Ao encontro. Diario de impresións e estacións (CEIP de Tenorio, Cerdedo-Cotobade)
Os ollos do mar (CEIP de San Cosme, Barreiros)
Rostros de vida (CEIP A Rúa, Cangas)