Gespeichert von 17 März 2016
amCompañeiros de Bordils, grazas por compartir a vosa preciosa secuencia. Estas son as nosas impresións sobre ela:
Conseguistes amosar a insistencia sobre o personaxe:
- “O son do tren do primeiro plano continúa no segundo, insistindo. Así únense os dous planos” (Xaime e Roque)
- “O personaxe non cambia de posición, cambia a cámara. Insiste sobre el” (Adri)
- “A insistencia tamén se ve en que a cámara no 2º e 3º plano está á mesma altura” (Xaime)
En canto ó personaxe:
- “No primeiro plano é moi bonito que se vexa o reflexo no cristal do tren e que non apareza o personaxe ata que pase”(Dani)
- “A vosa compañeira é moi boa actriz, é natural. Parece que non está a cámara diante”(Dani)
- “Está soa, non pasa xente, aillada, como o noso personaxe” (Adri)
- “Fai introspección” (Iker)