Zurück

CEIP A Rúa (Cangas) - 11-12 Jahre Alt

Charlamos con Ruth Villar

Dokumentarfilm - Feldforschung und Recherche (Dokumentarfilm)

Hoxe tivemos a visita de Ruth Villar para falarnos da súa experiencia na elaboración do libro de fotografías Mar de redes.

Ruth Villar é unha fotógrafa profesional adicada ao mundo da fotografía industrial. Buscando mostrar a forza do traballo duro na súa fotografía, pasou sete meses a carón dos mariñeiros de baixura, quenes lle falaron de que para poder entender ben o mar non se podía esquecerr a importante labor das redeiras. Sen elas os mariñeiros non poderían saír a faenar.

O froito destas experiencias é o libro Mar de Redes. 

Nós demos con el durante o noso proceso de documentación. Entrevistando as redeiras, faláronnos dunha exposición fotográfica sobre elas que se expoñía ese días na praza de Cangas e despois de coñecelo, sentimos a necesidade de invitar a Ruth a nosa aula. 

Falounos moito sobre as redeiras; as mulleres, o seu oficio, a relación cos mariñeiros, a razón de que esta sexa unha labor de mulleres, a tradición, a importancia deste oficio para a pesca de baixura, etc

Reflexionamos moito sobre o que nos contou Ruth e o noso documental.

Se queres coñecer algo máis sobre o traballo de Ruth podes visitar a súa web

Workshop diary: CEIP A Rúa (Cangas) - 11-12 Jahre Alt (53)