IES de Poio (Poio) - 15-16 Jahre Alt
Charla das mariscadoras
Dokumentarfilm - Feldforschung und Recherche (Dokumentarfilm)
No IES de Poio estamos coa fase de documentación. O luns 6 de marzo estiveron connosco Gelucha e Elena da Agrupación de mariscadoras. Durante unha hora fixéronnons unha presentación do seu oficio e logo abríuse un coloquio no que o alumnado fixo moitas preguntas para profundizar na fase de documentación. Queremos agradecerlle a súa colaboración e felicitalas polo ben que o fixeron. As súas aportacións van ser moi útiles para o documental.