CEIP A Rúa (Cangas) - 11-12 Jahre Alt
Presentámonos
Ola a todos/as!
Somos os alumnos do CEIP A Rúa de Cangas do Morrazo.
Cangas é unha vila costeira da ría de Vigo na provincia de Pontevedra en Galicia.
O noso cole é pequeno e acolledor. Na nosa aula de sexto somos once nenas e catorce nenos. Temos entre once e doce anos. Algúns levamos xuntos dende os tres anos. Na clase nos axudamos mutuamente a facer as tarefas. Somos un grupo singular, divertido e un pouco movido.
Temos moitas ganas de aprender sobre cine, ganas de filmar os nosos planos e finalmente facer o noso documental coa axuda do cineasta galego, Ángel Santos. Neste proxecto tamén nos van a axudar as profesoras: Ana P (a nosa titora), Ana C, May, Montse, Beti e Rosana.
Estamos moi ilusionados por participar en Cinema en Curso, porque é unha experiencia diferente e única.