Presentámonos
Ola a todas e todos os participantes no Proxecto Cinema en curso. Somos os rapaces/as de 6º de Primaria do C.E.I.P. A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
Non hai moitos nenos/as no colexio, pero entre todos levámonos moi ben. Gústanos traballar en grupos cooperativos. Temos unha horta escolar que fixemos o curso pasado dentro do Proxecto “Agricultura sostible” do C.S.I.C. Plantamos fabas, pementos, tomates...
Somos unha clase pequena, con bastantes nenos e poucas nenas. Gústanos xogar ás agachadas. Levámonos moi ben entre todos e todas.
Cinema en curso é un proxecto moi importante para nós que nos achega: gañas, ilusión, imaxinación... e axúdanos a mellorar a cooperación. Para conseguir isto necesitamos unha boa actitude. Temos moitas gañas de comezar coa película!!
O primeiro día que veu Ángel preparámoslle unha sorpresa que foi filmar un novo plano cada un. Entre todos/as filmamos o regato do Saiñas que pasa preto do noso colexio; pensamos posibles montaxes dos planos que máis nos gustaron do ano pasado para facer unha correspondencia co colexio de Bordils.
Temos moitas gañas de coñecer aos cineastas e aos nenos/as participantes deste proxecto, tamén de ensinarvos a nosa película e de ver as vosas. Irémosvos mandando os planos que vaiamos facendo e estaremos atentos aos vosos. Moito ánimo!
Telmo, Mateo, Brais, Martín, Aroa, Iris, Xián, Adam, Nerea, Marco, Silvia, Dani, Clara, Abde, Miguel e Brais Paulos.
Profes: Ana, Rosana, Ana Portas, Montse, May e Beti.