Zurück

CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) - 14-15 Jahre Alt

As nosas primeiras edicións!

Dokumentarfilm - Bilder der Welt

O alumnado de 3º PMAR, do CPI Manuel Suárez Marquier, estreámonos na edición de planos e queremos compartir con todos vós algunhas das marabillas da nosa contorna.

Travelling en Santa Trega: Naiara, Nahomi e David mostran neste travelling as impresionantes vistas que se gozan baixando desde o monte Santa Trega, no concello da Guarda, con Portugal ao fondo.

As Aceñas: presentámosvos este plano fixo realizado en colectivo. Está filmado nas Aceñas, un lugar do Rosal preto do centro urbano. É unha bonita paisaxe, característica do noso lugar e bañada polo río Tamuxe, afluente do Miño.

Campo de millo: presentámosvos este plano fixo realizado en colectivo, na primeira saída que realizamos, no mes de novembro. Está filmado nas Aceñas, no concello do Rosal. Decidimos facelo porque se representa a colleita do millo e as cores características do outono.

Santa Comba: filmamos este travelling percorrendo en coche a parroquia de Santa Comba, que pertence ao concello de Oia. É un lugar de agricultores e gandeiros e, aínda hoxe, a veciñanza segue a cultivar a terra e a criar animais.

Esperamos gocedes de todos eles!
Un saúdo a tod@s!

Workshop diary: CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) - 14-15 Jahre Alt (4)