CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) - 15-16 Jahre Alt
4º ESO A do Rosal
Ola a todos e todas!
Este ano volvemos participar no proxecto Cinema en curso, mais desta volta no apartado de Experiencias. Estamos supercontent@s!!!!
Somos 8 alumnos e alumnas de 4º ESO A do CPI Manuel Súarez Marquier do concello do Rosal. Procedemos de tres concellos diferentes: Oia, O Rosal e Tomiño. Como a nosa toponimia é moi rica e extensa, velaquí vai unha mostra desa diversidade:
• Naiara reside en Tabagón, no lugar da Portela.
• Marcos e Nahomi viven en Fornelos, na parroquia do Rosal; e Manuel tamén, pero no lugar de Marzán.
• David reside no Rosal, na zona do Calvario.
• Miguel vive en San Miguel de Tabagón, no barrio da Devesa.
• Paula reside en Acevedo, na parroquia oiense de Loureza.
• Martín pertence ao Lago, na parroquia tomiñesa de Figueiró.
Cando queirades, vinde visitar o Baixo Miño!!
Na foto, de esquerda á dereita: Naiara, Miguel, Nahomi, David, Paula, Martín, Manuel e Marcos.