CEIP A Rúa (Cangas) - 11-12 Jahre Alt
Instantáneas en Cangas
O 30 de novembro, fomos un grupo de catro nenos e nenas de 6º a facer unha práctica coa cámara de fotos instantánea á Praia de Rodeira. Como tiñamos pouco tempo, queriamos facela nos arredores do cole pero non atopamos un espazo apropiado para fotografar así que fixemos unha escapada á praia. Collemos un atallo atravesando as veigas e chegamos enseguida.
Xa na praia, estivemos buscando o encadre e os puntos de referencia para poder facer as tres fotos, porque a práctica consistía en facer unha panorámica dunha paisaxe unindo tres fotos instantáneas. Foi algo máis difícil do que parecía. Démonos conta de que era mellor que a mesma persoa fixera as tres fotos para que todas estiveran á mesma altura. Foi moi divertido e estamos moi contentos co resultado.