CEIP A Reigosa (Ponte Caldelas) - 11-12 Jahre Alt
Primeira sesión co noso cineasta!
Hoxe tivemos a primeira sesión con Alejandro, o cineasta que acompañounos o curso pasado e o fará este tamén!
Foi un reencontro moi emotivo! Con el puxemos en común que significa para nós Cinema en curso desde a experiencia do curso pasado.
Despois visionamos Caldini e tres fragmentos de Benning. Foi moi bonito decatarnos de que xa facemos os visionados con ollos de cineastas! Ademáis despois debuxamos os planos dos referentes nos nosos cadernos facendo memoria e integrando a idea do que son os planos do mundo. Foi unha dinámica moi divertida e fixemos debuxos moi interesantes!
Tamén saímos a filmar o noso primeiro plano do mundo para compartir con todos vos!