IES de Poio (Poio) - 15-16 years old
Novos planos do mundo e un travelling
As alumnas do IES de Poio van experimentando con distintas localizacións e momentos do día para filmar novos planos do mundo.
Un paseo de Marta polos muiños da Freixa ofreceulle un momento axeitado para gravar este lugar do Concello.
Paula situouse no ponte da Barca, que delimita os concellos de Poio e Pontevedra, e gravou un plano do mundo co río Lérez e o tránsito de coches xa coas luces da noite.
Marta, volvendo a casa, recolleu o solpor nun travelling gravado dende o coche.