Back

IES de Poio (Poio) - 15-16 years old

O noso primeiro retrato e máis planos do mundo

Documentary - Views of the world

O luns 19 de Decembro teremos en Poio unha sesión de Cinema en curso na que, por primeira vez, saíremos do centro para gravar nun dos lugares de marisqueo do Concello: A Seca.

Imos chegar alí  camiñando dende o instituto e esperamos aprender moito e ir avanzando no noso proxecto.

Javi Blanco fixo xa un retrato dunha mariscadora, Carmen, que é a súa veciña.

Tamén compartimos aquí cos nosos compañeiros de Cinema en curso dous planos do mundo, un de Yolanda e outro tamén de Javi Blanco. 

Bo Nadal para todos e os nosos mellores desexos para o 2017, o ano das nosas primeras películas.. . 

 

Workshop diary: IES de Poio (Poio) - 15-16 years old (24)