Presentación CPI Uxio Novoneira
Bos días rapaces e rapazas:
Somos nenos e nenas do C.P.I UXÍO NOVONEIRA desde 4º de primaria ata 4º da E.S.O.
O noso colexio está situado en Pedrafita do Cebreiro, nas comarcas dos Ancares e Courel, no interior da provincia de Lugo.
Estrañaravos que tan só sexamos 29 alumnos en todo o centro, debido a que somos pouca xente e a maioría da poboación é anciá.
A nosa paisaxe é montañosa, estamos a 1.099 metros de altitude, entón, cada ano pola época de friaxe neva moito.
Aquí é característico facer un queixo fresco con denominación de orixe QUEIXO DO CEBREIRO e esta zona tamén é moi coñecida polo paso do Camiño de Santiago.
Unha aperta
C.P.I. Uxío Novoneira