Presentámonos
Somos os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP A Rúa, en Cangas do Morrazo, que é unha vila mariñeira galega situada no noroeste de España. Emociónanos poder participar neste gran proxecto tan interesante de Cinema en Curso. É moi especial para nós, porque fomos o primeiro grupo que fixo Pequeno Cinema en Curso no ano 2021 na nosa escola. Non imaxinamos o noso colexio sen cinema, xa que leva 12 anos participando e desexábamos chegar a 6º para poder ter esta experiencia
.