Itzuli

Cine en curso Galicia

Proxección de Cinema en curso 2025-2026 en Galicia

- Ikuskaketak: Zinema aretoak eta zinemaldiak

O xoves 11 de decembro compartimos unnha fermosa sesión de proxección compartida cos grupos dos catro centros de Cinema en curso 2025-2026 no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Visionáronse películas e fragmentos de Agnès Varda, de Alain Cavalier, de Sokurov, de Pollet, de Vittorio De Seta e unha vista Lumière que deron lugar a ricos e emocionantes análises e reflexións.

Visionáronse 'Un Giorno In Barbagia' e 'Pastori di Orgosolo' de Vittorio de Seta, 'La matelassiere' de Alain Cavalier e 'Viaje a través de las praderas brumosas' de Henrikas Sablevicius que deron lugar a emocionantes e ricos diálogos e comentarios sobre o valor de retratar os traballos colectivos do campo, a luz, as horas do día, a dimensión da voz do cineasta, o son... Reflexións moi inspiradoras e con moitos vínculos cos nosos ámbitos e procesos de creación das nosas películas!

Cos grupos de 6ª de primaria do CEIP de Tenorio de Cerdedo-Cotobade, de 6º de primaria do CEIP A Rúa de Cangas, de 5º de Primaria do CPI de Xanceda de Mesías e o grupo de 1º de bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño do IES O Ribeiro de Ribadavia.

Viewings: Full Movies

Alain Cavalier
La matelassière La matalassera 1988

Viewings: Movie clips

Vittorio de Seta
Un giorno in Barbagia Un dia a Barbagia 1958 [Clip]
Vittorio de Seta
Pastori di Orgosolo Pastors d'Orgosolo 1958 [Clip]
Alain Cavalier
La matelassière La matalassera 1988 [Clip]
Henrikas Šablevičius
A Trip across Misty Meadows Viatge a través dels prats boirosos 1973 [Clip]

Workshop diary: Cine en curso Galicia (15)