Primeiras proxeccións de Cinema en curso Galicia 2017-2018 no CGAI
O pasado venres 20 de outubro celebráronse as primeiras proxeccións na sala de cinema do CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe).
Acudiron todos os centros participantes do nova edición de Cinema en Curso Galicia, na modalidade documental: os alumnos de 4ª de primaria do CEIP de Tenorio (Cotobade), os de 6º de primaria do CEIP A Rúa (Cangas), todos os alumnos desde 5º de primaria ata 4º de ESO do CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e os alumnos de 2º de FP Básica do IES de Fene.
Alí visionaron e comentaron os fragmentos das seguintes películas:
- Daguerrotipos / Daguerrotypes – Agnès Varda, 1976
- A colchoneira / La matalassière – Alain Cavalier, 1988
- Mariya – Alexander Sokurov, 1988
- Arraianos – Eloy Enciso, 2012
- Perfís campesiños: a vida moderna / Profils paysans: la vie moderne – Raymond Depardon, 2008 [2 fragmentos]
- D'Est – Chantal Akerman, 1993
- Pastores de Orgosolo / Pastori di Orgosolo – Vittorio De Seta, 1958
- Para lembrar (a forxa) / Pour mémoire (la forge) – Jean Daniel Pollet, 1978
- Vidro / Glass – Bert Haanstra, 1958
Visionados: fragmentos
Agnès Varda
Alain Cavalier
Aleksandr Sokurov
Eloy Enciso
Raymond Depardon
Raymond Depardon
Chantal Akerman
Vittorio de Seta
Jean-Daniel Pollet
Bert Haanstra