Proxección no CGAI o día 16 de xuño
O día 16 de xuño os participantes dos catro obradoiros de ficción e documental de Cinema en curso Galicia, presentan as súas películas no CGAI.
Despois de cada proxección, o grupo explica o seu proceso de creación e comentan a película doutro grupo que previamente viron e analizaron
Participan: CEIP A Rúa (Cangas), CEIP San Xoán (Becerreá), IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), IES Manuel Murguía (Arteixo).