Voltar

Cine en curso Galicia

Proxección na Filmoteca de Galicia, 13 de xuño

- Proxección e presentación

Celebramos as proxeccións das películas de Cinema en curso 2024-2025 en Galicia. Despois do traballo durante todo un curso de alumnos e alumnas, docentes e cineastas, o venres 13 de xuño gozamos unha xornada marabillosa na Filmoteca de Galicia.

Tres grupos de tres escolas presentaron os seus filmes. Despois de cada presentación, abriuse a quenda de palabra aos outros centros participantes e as persoas convidadas que expresaron os seus parabéns, intercambiaron impresións e fixeron preguntas. Estas conversas permitiron profundar na concepción da película, as eleccións expresivas, a rodaxe, a montaxe... e xurdiron emocionantes comentarios sobre a importancia de ter participado e desfrutado dos procesos do filme co resto de compañeros e compañeiras.

O venres 13 de xuño estreáronse as películas:

Un templo sen teito, CEIP A Reigosa (Ponte Caldelas)

Vincles, apertas i paraules fermosas entre Cangas i Torrelameu, Escola de Torrelameu i CEIP A Rúa (Cangas)

Caer na conta, CEIP de Tenorio (Cerdedo_Cotobade)

Poderedes ver as películas na páxina de Filmes.

 

Artigos do obradoiro: Cine en curso Galicia (14)