Correspondencia: Os nosos ceos
Ficció - Visionats: Fragments a classe - Intercanvi - Plans del món
Compañeiros e compañeiras de Bordils:
Fíxonos moita ilusión recibir a vosa primeira correspondencia e, sobre todo, que vos inspirarades nas nosas Nubistas. Nós tamén decidimos filmar nubes para ensinarvos os nosos ceos galegos.
Inspirámonos, coma vós, en “As estacións” de Pelechian. Tamén na correspondencia de Mekas a Guerin, especialmente á hora de poñer o título escrito a man no cartel. Outro cineasta que nos serviu de inspiración foi Benning, en “Ten skies”, onde vimos as cores e como se movían as nubes. E, como non, As Nubistas.
Comezamos filmando nubes e ceos, cada un pola súa conta. Despois visionámolos na clase e decidimos por consenso cales ían formar parte da correspondencia. Cando fixemos a selección, ordenámolos como se fose o transcurso dun día, dende o amencer ata o anoitecer. Tamén acordamos incluír o cartel escrito a man. Finalmente, fixemos a montaxe en gran grupo co VideoPad acompañados polo noso director, Ángel Santos.
Agardamos que vos guste.
Ata pronto!
Visionats: fragments
Para esta primeira correspondencia con Bordils, inspirámonos en "As estacións" de Pelechian. Cando o visionamos por primeira vez, sorprendeunos que tamén el fose "nubista" como nós.
Tamén na correspondencia de Mekas a Guerín, especialmente á hora de poñer o título escrito a man no cartel.
E, por último, en "Ten skies" de Benning, que Ángel Santos, o noso cineasta, tróuxonos de sorpresa un bo día.